Katiuskas é unha asociación de carácter non lucrativo adicada ao ámbito educativo en diversos contextos sociais. Definímonos como grupo  que traballa en Arte+Educación+Medioambiente, na busca de  novas formas de aprendizaxe para o fomento da educación ambiental e a transformación social co fin de promover o cambio.

Katiuskas xurde a consecuencia da inquedanza de varias persoas que, vindo de ámbitos diferentes como son o social e o medioambiental, atopábamonos coa necesidade de ofertar proxectos que integrasen  a creación artística co medioambiente e a educación. Así xurde unha alianza inicial para traballar con menores e mocidade en torno a estes temas, que máis tarde tomaría o nome de Katiukas e se constituiría como asociación a finais do 2015.

Dende aquela comezamos a nosa bagaxe xuntas, desenrolando a nosa andaina en torno á creación de obras de monicreques, obradoiros e diversos proxectos, que nos axuden a transmitir aos e ás demais, xa sexan nenos e nenas ou persoas adultas, a importancia do coidado integral dos ámbitos tanto ambientais e sociais como o fomento e desenrolo da creatividade como eixe fundamental para crear novas formas de vivir, aprender, compartir e construír.